cdmoaña
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
webcdmoana@gmail.com
  • Inicio
  • Noticias
  • El Club
    • Directiva
    • Historia
    • Organigrama
  • Equipos
    • Senior Preferente Sur Galicia
    • Juveniles Liga Gallega
    • Juveniles 1ª Grupo 7
    • Cadetes 1ª Grupo 9
    • Infantiles 1ª Grupo 9
    • Infantiles 2ª Autonómica
    • Alevín A
    • Alevín B
    • Alevín C
    • Alevín D
    • Benjamín A
    • Benjamín B
    • Prebenjamín A
    • Prebenjamín B
  • Galería
    • Patada Solidaria 2019
    • FOTOS FACEBOOK
    • Saque honor Aspas
    • Evento Campo Iago Aspas Juncal
    • Temp. 2016-17
    • Temp. 2018-19
    • Temp. 2019-20
  • Colaboradores
  • Contactar
  • Fisioterapia
  • Home
  • Noticias
  • SUSPENSIÓN DE TODA A COMPETICIÓN

SUSPENSIÓN DE TODA A COMPETICIÓN

11/03/2020 / admin / Noticias
0
Suspendida toda a competición de fútbol, futsal e gaélico en Galicia A RFGF decreta a suspensión de toda a competición en Galicia de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico desde mañá e durante as próximas dúas semanas
Ante a situación de urxencia que está xerando a expansión do Coronavirus COVID-19 e logo dos comunicados do CSD e o emitido esta mañá pola Real Federación Española de Fútbol no que decreta a suspensión da competición de fútbol e fútbol sala de ámbito estatal durante as dúas próximas semanas, recomendando ademáis a mesma medida a todas as federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol informa que TODA a competición en Galicia de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico tamén queda SUSPENDIDA durante ese mesmo prazo de dúas semanas. Medida de urxencia que comeza a ser efectiva desde mañá xoves.  A RFGF non quere crear ningún tipo de alarma, pero esta decisión extraordinaria enténdese necesaria para unha situación que é claramente extraordinaria. Dentro da nosa capacidade pretendemos con esta medida garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e de todas as persoas que dun ou doutro xeito move cada partido de fútbol, fútbol sala e gaélico que se disputa en Galicia.  Con esta decisión tamén se busca manter a homoxeneidade da competición estatal e autonómica dentro da nosa comunidade e tamén para non quedar a expensas de posibles suspensións motivadas por peches de instalacións en determinados concellos.  A RFGF manterá un permanente contacto coas autoridades deportivas e sanitarias de Galicia, así como a Federación Española, e informará puntualmente aos clubs de calquera cambio que se produza no referente a esta decisión.  A RFGF convocou para mañá con carácter de urxencia aos delegados federativos e aos membros da Xunta Directiva para definir os procedementos e medidas necesarias no que respecta ao ámbito competicional, co fin de que os clubs coñezan o antes posible todas as modificación que se deberán realizar como consecuencia desta suspensión.

Leave a Reply Cancel reply

Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.

(c) 2019 cdmoaña - Powered by Cdmoaña
  • Aviso Legal y Protección de Datos
  • Política de Cookies